Pontevedra é Capital. Anulación do Decreto da Xunta xa. Manifestación o venres 19 ás 20:00 horas. Praza da Ferraría, Pontevedra. Materiais para o debate.

A Asociación Cultural Maio Longo vai aportar nesta páxina materiais para o debate.

Como punto de partida propuxémonos recoller e editar as razóns que a sociedade pontevedresa pode aportar desde diferentes ámbitos da opinión, o pensamento e a participación social para esixirmos a retirada do decreto polo que a Xunta de Galiza creou a superdelegación de Vigo.

Así pois, este é o resultado dun traballo colectivo, posto a vosa disposición para que contribuades á súa difusión.