Leonor González Prieto: Non ao Decreto
Espero que a Xunta comprenda a razón de esta cidadanía para oporse a tamaño dislate.
Pontevedra, cidade culta, pequena, cuidada, sensible ás necesidades dos seus veciños, naceu con vocación de sede administrativa da Provincia, e así durante moitos anos mantivo o seu ritmo sosegado, sereno, amable, sen pretender competir, en ningún momento, coas grandes urbes industriais e/ou portuarias. O seu é a administración, a boa xestión pública, a atención aos cidadáns, cuestións, todas elas, que desempeña con auténtica dedicación. Calquera limitación das súas competencias en beneficio de Vigo, só conseguiría lervarnos a unha perda de identidade que incidiría negativamente, como non, na súa economía.
Certo que Vigo necesita subdelegacións (xa as ten) que achegan a administración ao administrado, o veciño de Vigo ten que notar a eficiencia e proximidade das devanditas subdelegacións, e isto sen pretender restar capacidade á Capital.
A cuestión parece ter un marcado cariz político, a pretensión de captar en Vigo algúns votos que quizais non fosen máis dos posiblemente perdidos en PONTEVEDRA.
Leonor González Prieto, Presidenta de Honra da APDR