Sebastián Filgueira Conde: Non é admisible
A cidade de Pontevedra foi desangrada administrativamente polas diversas administracións, coa perdida ou o fraccionamiento das sedes que lle son propias pola seu estatus administrativo, co argumento ás veces peregrino, do achegamento da administración ao administrado e co reproche engadido de que a cidade de Pontevedra e os pontevedreses son demasiado localistas.
¿Non será máis localista quen quere ter servizos ou institucións que pola seu estatus administrativo non lle son propias.?
Ás xa consumadas perdas das cartillas sanitarias da comarca do Deza, motivada polas pésimas comunicacións de Pontevedra coa zona e da disgregación da Audiencia Provincial, motivada pola presión exercida dende Vigo sin ninguna razón técnica que a avalse e que, como se ven de demostrar foi un erro, únese agora o nomeamento dun Superdelegado territorial para a cidade de Vigo e a súa área de influencia formada de forma provisional por catorce municipios.
Pero é sen dúbida a creación da figura do superdelegado territorial para a cidade de Vigo e a catorce municipios en principio máis a que pode supoñer a definitiva perda do estatus de capital da cidade de Pontevedra e supón de facto a partición da provincia de Pontevedra en dúas.
Non é admisible o argumento de que en Pontevedra van permanecer os mesmos funcionarios e servizos que se tiñan ata agora, non é esa a cuestión, a cuestión é onde se crearán os posteriores, é dicir ¿Cal das dúas administracións paralelas crecerá máis e cal quedará estancada.?
A isto teño que engadir que de confirmarse este modelo de división administrativa e territorial non haberá futuro presidente da Xunta de Galicia que queira ou poida de revertir esta situación, é por iso de vital importancia para a cidade de Pontevedra que esta situación non se consolíde no tempo e de aí a solicitude de derogación ou modificación do decreto de forma inmediata.
A maior industria da cidade de Pontevedra e comarca , por número de empregados é a administración, gústenos ou non, e mentres perviva esta situación non nos podemos permitir non só que non destrúase un posto de traballo derivado da administración, se non que temos que loitar para que os que se cren, crense na nosa cidade, por que para iso PONTEVEDRA É CAPITAL
Quixese para rematar facer un chamamento aos membros do PP na cidade de Pontevedra, a súa Pontevedra, a nosa Pontevedra para que fagan chegar aos seus dirixentes a inquietude que se respira na rúa e que miren á súa recente historia, a fin de contas, o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra.
Sebastián Filgueira Conde, Membro da Xunta Directiva de AEMPE